Este repositorio contén os códigos empregados no TFG con título "Sistema de rastrexo para a obtención de datos de adestramento para a detección de desinformación online" elaborado por Barreiro Domínguez, Víctor Xesús para o título de Grao en Enxeñaría Informática.
Correspondese a segunda parte deste TFG onde se estudan o emprego de modelos de procesado da linguaxe natural para a detección da desinformación online.
Hai dispoñibles tres Jupyter Notebooks:
- COLAB_MODELOS_False_claims_classification_with_BERT.ipynb Recolle o adestramento, test e avaliación dos distintos modelos e o estudo dos conxuntod de datos empregados. Foi executado sobre Google Colab.
- ConversionDeEstilo.ipynb O código empregado para o preprocesado da información do TREC destinada a avaliar a capcidade de transferencia dos modelos propostos.
- Aux.ipynb Pequenos códigos adicados a facer contas para os resultados amosados na memoria do traballo. O obxectivo e deixar constancia de todo o realizado.
Para máis información do realizado en cada un dos Notebooks consultar a memoría do traballo.